Últimos avisos
Xa podedes consultar as cualificacións provisionais, ben de xeito presencial no centro ou ben a través da aplicación abalarMóbil.
Xa podedes consultar o calendario de exames da 3ª Avaliación para os grupos de 2º BACHARELATO semipresencial.
Os horarios, xunto co calendario de exames do 2º CUADRIMESTRE das modalidades semipresenciais (ESA e BAC) xa están dispoñibles. Toda a info aquí.
Consulte no DOG a Resolución do 3 de Xaneiro de 2024 que convoca as Probas Libres para a obtención do título de graduado en ESO. (Máis info)
Curso 2023/24
Na seguinte ligazón pódese consultar o Plan Dixital do centro, a implantar durante todo o presente curso 2023/24.
GUÍA DE USO
Na seguinte ligazón podedes consultar a GUIA DE USO DA BIBLIOTECA do centro xunto coas principais novidades deste espazo.
Últimas publicacións
EPA BERBÉS
A EPA Berbés de Vigo é un centro público dependente da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia. A nosa oferta educativa está dirixida a todas as persoas que teñan máis de 18 anos e sen límite de idade, xa que está pensada para unha formación permanente ao longo da vida. Conta cunha ampla variedade de ensinanzas e modalidades e un horario flexible (mañá, tarde e noite).