Bachillerato a distancia
Educación de personas adultas. Centro Público de E.P.A. "Artes y Oficios"

INFORMACIÓN

Información

Impartese  o Bacharelato na modalidade de Humanidades e Ciencias Sociais e na modalidade  de Ciencias e Tecnoloxía.
 

Libros de texto

-Os libros de texto para cada asignatura son os indicados na relación que figura no sobre de matrícula.
 

Guías didácticas

-A cada  asignatura correspóndelle unha guia didáctica que está relacionada co libro de texto correspondente.
-Nas guias atopará: presentación e orientación sobre a asignatura correspondente e exercicios de autoavaliación. Terá que descargalas da seguinte páxina:  http://www.edu.xunta.es/ea/

Titorías

-A atención do allumnado do bacharelato de adultos a distancia semipresencial realizarase fundamentalmente a través de titorías presenciais, que serán de dous tipos: titorías lectivas e titorías de orientación.

-As titorías lectivas serán dunha sesión semanal para cada materia e  dedicaranse a abordar co alumnado os aspectos fundamentais da materia correspondente, incidindo nos contidos procidementais. Estás titorías serán de asistencia obligatoría. A falta non xustificada de asistencia ao trinta por cento das titorías lectivas dunha materia suporá a perda do dereito ás avaliacións parciais  da mesma que realizan ao longo do curso, podendo o alumno presentarse exclusivamente á avaliación final. No obstante, coa finalidade de facilitarlles ás persoas adultas a permanencia no ensino de bacharelato, cando se dean circunstancias acreditadas documentalmente que impidan asistir ás titorías dalgunhas materias podera solicitar a exención da asistencia das mesmas.

-As titorías de orientación dedicaranse a solucionas as dúbidas que suscite no alumnado o estudo da materia e os problemas atopados no desenvolvemento do seu traballo autónomo, así como as orientacións que se aconsellen para o mellor aproveitamento do seu estudo. 

-É importante que  esté en contacto cos titores para estar informado das modificacións, aclaracións, contidos mínimos, etc

 

Avaliacións

-Cada curso constará de tres avaliacións e  a avaliación  extraordinaria de setembro.

Exames

-Os exames realizaranse segundo o calendario e horario que se establezca.
-É imprescindible identificarse co DNI para poder realizar os exames.
-Se necesita un  xustificante de asistencia ao exame, debe solocitalo ao profesor/a vixiante do mesmo.
-Todo o material que traia consigo: libros, apuntes, móbiles apagados, bolsos, etc debe deixalos fora da aula de exames.
-Non pode sair do exame ata transcorridos 15 minutos. Unha vez saia alguén do exame, non  pode entrar ninguén máis.

Selectividade

-Se o alumno/a ten a intención de presentarse á proba de Selectividade debe consultar a VIA que lle corresponde para matricularse correctamente e así poder realizar as probas de acceso a universidade.

Normas

-Regúlanse polas normas de réxime interno do Centro  e pola lexislación vixente
-O artígo 51 (apartado d) da Carta de Dereitos e Deberes dos alumnos sinala como falta muy grave e causa de expediente académico a “suplantación da personalidade en actos da vida académica e a falsificación ou sustración de documentos académicos.”

Centro Público de Educación de Persoas Adultas Berbés
Rúa Marqués de Valterra nº 8 - 1º     C.P. 36202 - VIGO
Tlfno: 986 225 579 / Fax: 986 441 599
e-mail: epa.berbes@edu.xunta.es