Organigrama

Consello Escolar

Qué é

O Consello Escolar é o  principal instrumento para a participación no control e xestión do Centro dos distintos sectores que integran a comunidade educativa: profesores, alumnos e persoal non docente.

Quén forma o Consello Escolar

a) O Director do Centro, que é o seu presidente.
b) O Xefe de Estudos.
c) Cinco profesores elexidos polo claustro.
d) Cinco representantes dos alumnos.
f) Un representante do persoal de administración e servicios.
g) Un representante do Concello.
h) O Secretario do Centro, que actúa con voz, pero sen voto.

Funcions

A última Lei de Educación -a LOCE- estableceu entre as competencias máis importantes do Consello Escolar as siguientes:

  • Aprobar o Proxecto Educativo do Centro e formular propostas ó equipo directivo sobre a programación xeral anual do Centro.
  • Aprobar o regulamento de réxime interior do Centro.
  • Coñecer a resolución de conflictos disciplinarios e propoñer medidas para mellorar o clima de convivencia.
  • Aprobar o proxecto de presuposto do Centro
  • Promover a conservación e renovación das instalacions e equipamento escolar.
  • Promover a colaboración con outros Centros, entidades e organismos.
  • Analizar e valorar o funcionamento xeral do Centro e a evolución do rendemento escolar.
  • Participar no nomeamento e cese dos membros do equipo directivo.

Funcionamento

• O Consello Escolar reunirase, como mínimo, unha vez ó trimestre e sempre que o convoque o Director ou o solicite, polo menos, un tercio dos seus membros. É preceptiva, ademáis, unha reunión a comezo do curso e outra ó final do mesmo.

• As reunions do Consello Escolar celebraranse no día e co horario que posibiliten a asistencia de todos  os seus membros.

• O Consello adopta os seus sus acordos, nuns casos por maioría simple, noutros por maioría absoluta e noutros por maioría de dous tercios.

“ Neste ano académico se constituíron catro Comisións coa finalidade de facilitar as funcións que o Consello escolar ten enconmendadas. Estas Comisións son: a Económica, a de Convivencia, a de Inventario, a da Páxina Web, e a de Auto-Protección”.

Elección

• O Consello Escolar renovase por metades cada dous anos de forma alternativa, concretamente nos anos pares. As eleccións realizanse no primeiro trimestre do curso.
• Para organizar o proceso constitúese unha Xunta Electoral.
• A votación é directa, secreta e non delegable.

Composición do Consello Escolar - Curso

Membros do Equipo Directivo

Representantes do Profesorado


Representantes dos Alumnos
     

Representante do Concello

Representante do persoal de administración e  servicios


 

Logotipo do Fondo Social EuropeoValid XHTML 1.0 TransitionalCentro Público de Educación de Persoas Adultas "Berbés"
Rúa Marqués de Valterra nº 8 - 1º     C.P. 36202 - VIGO
Tlfno: 986 225 579 / Fax: 986 441 599
epa.berbes@edu.xunta.es