Quen somos?

Historia

O remate da Campaña Nacional de Alfabetización, que comezou no curso 1963/64, non foi repentino. Durante varios anos reducironse as unidades de actuación, quedando nas grandes cidades algúns mestres que se encargaban de impartir albafetización e de formar parte dos tribunais das probas extraordinarias para a obtención do Certificado de Estudios Primarios que, no caso de Vigo, facianse no Colexio Público “Dr. Fleming”, onde tamén funcionaban as Aulas de Alfabetización. Desempeñaron a labor docente: Dª. Pilar Núñez García, D. Eliodoro Goberna e D. Inocencio J.A. Rivera García, este último como director en funcións. Ó mesmo tempo, no Centro, se constituía un tribunal presidido por un Inspector, que realizaba un exame  libre, cada tres meses, para a obtención do Certificado de Estudios Primarios.

O día un de setembro de 1984 faise cargo da Dirección Dª. Pilar Núñez García.

O traslado destas aulas á Escola de “Artes e Oficios” de Vigo, fixo que aumentasen os profesores, convertíndose nun Círculo de Educación de Adultos no que xa se poideron impartir, cando a lexislación vixente o permitiu, ademáis de alfabetización, as ensinanzas necesarias para a obtención do título de Graduado Escolar.

O un de setembro de 1985 foi nomeado director D. Jesús Fontenla Piñeiro.

No curso 1984/85 debido á demanda, incrementaronse as unidades e o número de profesores a medida que disminuían as aulas de E.X.B. que con carácter provisorio estaban ubicadas nas instalacións da Universidade Popular (denominación oficial naquel momento da Escola de Artes e Oficios”) mentras non estivo totalmente rematado o Colexio Público “García Barbón”

Por Orde do 25 de marzo de 1988 pola que se modifican os centros públicos de Educación Xeral Básica foi creado como Colexio Público de Educación de Adultos co nome de “Artes e Oficios” debido á súa ubicación nesta antiga escola de Vigo situada na rúa García Barbón nº 5.

Esta serie de feitos facilitaron que as clases que se impartían polas tardes, pasaron a funcionar en sesións de mañá, tarde e noite, utilizando non só o edificio principal, senón tamén o edificio Anexo ramatando en exclusividade neste segundo edificio durante varios cursos cun número importante de alumnos o que obligou a establecer 17 grupos que se distribuían en tres niveis: Nivel I (Alfabetización), Nivel II (Preparación para acceso ó nivel III) e Nivel III que conducía á obtención do título de Graduado Escolar. Neste último periodo o número de profesores chegou a 12 mestres.

O un de xullo de 1991 foi nomeado Director D. José Manuel Filgueiras Pulleiro.

O Centro pasou por momentos difíciles por non dispoñer de instalacións propias. En Xaneiro de 1993, e ante a imposibilidade de continuar nas instalación da antigua Escola de Artes Oficios debido ó estado ruinoso do edificio e ás obras que se van a realizar,. trasladase provisionalmente o Centro a unhas aulas alugadas ó Concello de Vigo no Centro Daniel Castelao na rúa de Urzaiz 81. Está situación durará hasta finais do curso 1994-95.
En outubro de 1995 producese o traslado á antigua Biblioteca Municipal , na rúa Romil –nº 22 , despois das pertinentes obras de acondicionamento realizadas polo Concello de Vigo.

O un de xullo de 1996 foi nomeado Director D. Jesús Batán Miguélez.

En Setembro de 1999 amplianse as instalacións coa cesión dun baixo en Romil, 20 propiedade do Concello de Vigo co que se mellora en parte a carencia de aulas.

O un de xullo de 2000  foi nomeado Director D. Jesús Fernández Álvarez.

O 18 de outubro de 2001, sendo Conselleiro de Educación o Ilmo. Sr. D. Celso Currás inauguraronse as actuais instalacións coa presencia do mesmo; do Ilmo. Alcalde de Vigo D. Lois Pérez e do Ilmo. Sr. Delegado de Educación D. J. Antonio Fraga e outras personalidades.

Na Orde do 7 de marzo de 2008 (DOG de 17/03/2008) autorízase o cambio de nominación pasando a chamarse Centro Público de EPA "Berbés"

Logotipo do Fondo Social EuropeoValid XHTML 1.0 TransitionalCentro Público de Educaciónde  Persoas Adultas "Berbés"
Rúa Marqués de Valterra nº 8 - 1º     C.P. 36202 - VIGO
Tlfno: 986 225 579 / Fax: 986 441 599
epa.berbes@edu.xunta.es